Miranda analiza co presidente da Federación de Centros Españoles de Venezuela as necesidades actuais dos galegos e galegas no país americano

Antonio Rodríguez Miranda e Roberto González, diante da sede da SXE na capital de Galicia
Antonio Rodríguez Miranda e Roberto González, diante da sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente da Federación de Centros Españoles de Venezuela, Roberto González, na sede da institución autonómica, na praza de Mazarelos, con quen analizou a situación que están a vivir nestes intres as e os españois, e en especial, os galegos e galegas que residen no país.

Rodríguez Miranda lamentou que a covid-19 agravase a xa difícil situación social das e dos españois que residen neste país americano, en especial, polos problemas sociosanitarios xurdidos durante estes dous anos de pandemia. En Venezuela residen actualmente 140.000  españois e españolas, dos que máis de 31.600 son cidadás e cidadáns galegos.

309 lecturas