Miranda analiza co presidente da Federación de Centros Españoles de Venezuela as necesidades actuais dos españoles no país americano

Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas (Venezuela), 1 de xullo de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en Caracas un encontro co presidente da Federación de Centros Españoles de Venezuela (FECEVE), Roberto González, durante a súa recente viaxe oficial a Venezuela. Nesta reunión, ambos analizaron a situación que están a vivir na actualidade os españois residentes en Venezuela, cunha atención especial aos galegos que residen no país, e abordaron as principais necesidades que presentan tanto a nivel socio-asistencial.

Rodríguez Miranda reiterou a total colaboración da Xunta de Galicia e da Secretaría Xeral da Emigración cos residentes en Venezuela, destacando o papel esencial dos centros galegos integrados na FECEVE como canles para achegar a axuda e o apoio institucional. Así mesmo, revisaron as liñas de apoio ao retorno que impulsa a Xunta de Galicia, co obxectivo de seguir difundíndoas entre a colectividade no país e facilitar para que aquelas persoas que desexen regresar conten con información e respaldo.

En Venezuela residen actualmente preto de 140.000 españolas e españois, dos que arredor de 30.000 son cidadás e cidadáns galegos.

288 lecturas