O Centro Galego de Móstoles presentou a Miranda as actividades previstas para este ano
O secretario xeral da Emigración visitou as instalacións da comunidade galega nesta cidade madrileña, que entre as súas accións destaca polo labor divulgativo de Galicia nos colexios da localidade.
O secretario xeral da Emigración visitou as instalacións da comunidade galega nesta cidade madrileña, que entre as súas accións destaca polo labor divulgativo de Galicia nos colexios da localidade

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Centro Galego de Móstoles, que preside Francisco Rodríguez Santiago, quen presentou ao responsable autonómico as actividades previstas para o curto e medio prazo pola comunidade que dirixe.
Entre elas, está potenciar a divulgación da Galicia actual e moderna entre as e os escolares da localidade, unha acción que realiza con regularidade esta entidade. Persoas membros do Centro levan a cabo charlas e coloquios cos máis pequenos para darlles a coñecer a terra da súa orixe, de maneira que a interrelación entre a cidadanía orixinaria de Galicia e a sociedade de acollida se potencia desde as idades máis temperás.
Rodríguez Santiago entregou tamén a Miranda un exemplar da memoria de actividades de 2014, acto tralo cal o secretario xeral da Emigración asinou no libro de honra da entidade, e agradeceu ás e aos asistentes a amabilidade coa que acolleron a súa visita.
Miranda coñeceu as instalacións da entidade e saudou ás socias e socios presentes no Centro, cumprindo así o compromiso que establecera coa xunta directiva da entidade nunha recente visita á capital española. O secretario xeral interesouse polas actividades, novidades e inquedanzas que lle transmitironas e os membros desta activa colectividade.
O Centro Galego de Móstoles, entidade fundada no ano 1997 para irmandar aos galegas e galegos do suroeste de Madrid, conta con máis dun centenar de socias e socios, e posúe un local social nunha das rúas máis céntricas desta localidade, onde teñen lugar boa parte das actividades que foron presentadas a Rodríguez Miranda.
Novas relacionadas