O secretario xeral da Emigración analiza co secretario da Sociedade Galega Sementeira as accións previstas pola entidade para reforzar a galeguidade en Suíza

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 21 de abril de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co secretario da Sociedade Galega Sementeira, Jesús Fernández, co obxectivo de coñecer de primeira man as actividades que a entidade está a preparar para os vindeiros meses. Durante a xuntanza abordáronse diversas iniciativas culturais orientadas a fortalecer o vínculo coa cultura galega e fomentar a participación da colectividade, especialmente das novas xeracións.

Miranda trasladoulles o compromiso da Xunta de Galicia con este tipo de accións que manteñen viva a cultura galega no exterior, e agradeceu o traballo constante de Sementeira ao longo dos anos. Así mesmo, destacou o papel fundamental destas entidades como punto de encontro e apoio para os galegos residentes en Suíza, e reiterou a disposición do Goberno galego para seguir colaborando na posta en marcha de proxectos que impulsen a galeguidade.

275 lecturas