Miranda amosa o seu apoio aos galegos e galegas de Tarragona e anima ao seu centro galego a manter a súa intensa actividade

O secretario xeral da Emigración recibiu na capital galega ao presidente e á secretaria da entidade galega, José Lago e Concepción Sauné.

Miranda, Sauné e Lago, durante a reunión celebrada no despacho do secretario xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Miranda, Sauné e Lago, durante a reunión celebrada no despacho do secretario xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coa secretaria e o presidente do Centro Galego de Tarragona, José Lago e Concepción Sauné, respectivamente, quen lle expuxeron a actualidade e a realidade de como está vivindo a comunidade galega este momento tamén complicado en Cataluña. O titular do departamento do Goberno galego amosoulles a cercanía e o apoio de todas e todos os galegos nesta complicada situación política e social e trasladoulles o interese da Xunta de Galicia en seguir a colaborar coa entidade tarraconense, que conta cunha intensa actividade malia non tratarse dun centro con grandes recursos. 

Miranda aproveitou a ocasión para materializar o respaldo do Executivo galego aos galegos e galegas de Cataluña co compromiso de realizar proximamente unha visita á comunidade autónoma, na que residen máis de 70.000 cidadás e cidadáns galegos. 

196 lecturas