Miranda traslada o apoio da Secretaría Xeral da Emigración aos galegos e galegas de Cataluña e País Vasco, dúas das comunidades autónomas máis afectadas polo coronavirus

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro virtual con representantes destas provincias, que suman máis de 110.072 galegas e galegos.

  • Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración cos e coas representantes das entidades galegas no País Vasco
    Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración cos e coas representantes das entidades galegas no País Vasco
  • Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración cos e coas representantes das entidades galegas en Cataluña
    Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración cos e coas representantes das entidades galegas en Cataluña
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou o seu apoio aos galegos e galegas de Cataluña e o País Vasco, dúas das comunidades de España, xunto a Madrid, máis castigadas polo coronavirus. Fíxoo durante os encontros telemáticos que mantivo con cidadás e cidadáns galegos das sete provincias, nos que recolleu as propostas e suxestións que a pandemia da COVID-19 está a xerar para facer fronte á actual situación económica e social en todo o mundo.

Na primeira xuntanza participaron representantes da Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña, Agarimos de Badalona, Rosalía de Castro de Cornellá, Casa Galega de L'Hospitalet,  Unión de Asociacións Galegas de Catalunya (UAGALCAT), Agrupación Cultural Saudade, Centro Cultural y Social "Airiños da Nosa Galiza”, Irmandade O Noso Lar de Terrasa, Irmandade Galega de Rubí, Centro Galego de Lleida, Asociación Centro Galego e Casas de Galicia de Barcelona e Provincia, Centro Galego de Barcelona, Carlos Mandianes, Hermandad A Nosa Galiza - Mollet del Vallés, Cova da Serpe, Toxos e Xestas, Agrupación Cultural Gallega Alborada, O Botafumeiro, Centro Galego Nós de Sabadell e Centro Galego de Tarragona.

Ao segundo encontro telemático, centrado na situación das e dos galegos no País Vasco, asistiron responsables do Centro Gallego de Ermua, a Casa Cultural de Galicia “As Burgas”, a Casa de Galicia en Bilbao, a Enxebre e Pelngrina Confradía da Queimada no País Vasco, a Asociación Centro Gallego de Álava, a Casa Cultural de Galicia en Elgoibar, a Casa de Galicia de Ondarroa, a Agrupación Hijos de Galicia de Sestao, o Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, a Casa de Galicia en Santurtzi, o Centro Gallego de Llodio e a Casa de Galicia en Gipuzkoa.

Máis de 110.000 galegas e galegos
Cataluña e o País Vasco son dúas das comunidades autónomas que acubillan un maior número de galegas e galegos, sumando entre ambas 110.072, segundo as cifras oficiais do Instituto Nacional de Estadística (INE) a 1 de xaneiro de 2019, as últimas publicadas. A rexión mediterránea acumula 69.058 persoas nadas en Galicia, con especial incidencia na provincia de Barcelona con 58.726, mentres na cantábrica é Biscaia a que conta cunha maior presenza de cidadás e cidadáns galegos, con 25.679.

921 lecturas