Miranda amosa o seu apoio á nova directiva do Centro Galego de Zug e anímaa a continuar coa súa intensa actividade

O secretario xeral da Emigración reuniuse coa presidenta de A Nosa Terra, Manuela Fernández Ribero, unha das entidades máis numerosas do país helvético.

Manuela Fernández Ribero e Lucía Domínguez (á dereita na imaxe), durante a reunión mantida co secretario xeral da Emigración e persoal do seu departamento
Manuela Fernández Ribero e Lucía Domínguez (á dereita na imaxe), durante a reunión mantida co secretario xeral da Emigración e persoal do seu departamento
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quixo amosar persoalmente o seu apoio ao Centro Galego A Nosa Terra de Zug na súa nova andaina. O responsable autonómico trasladou á súa recentemente elixida presidenta, Manuela Fernández Ribero, e á unha das vogais, Lucía Domínguez, a firme intención do Goberno galego de seguir a colaborar como ata o de agora cunha das entidades cun maior número de persoas asociadas do país helvético durante un encontro mantido en Santiago.

As representantes do centro, que conta cunha grande actividade social, tamén expuxeron a Miranda a situación actual da colectividade galega en Suíza, principalmente na contorna de Zúric, onde se atopa a localidade de Zug. Fernández Ribero e Domínguez aproveitaron, así mesmo, para transmitirlle as previsións de traballo que teñen de cara a esta etapa que vén de comezar o centro galego en Suíza. O obxectivo de ambas partes é axudar a que A Nosa Terra manteña a intensa actividade que desenvolveu ata o de agora na cidade de Zug. 

Unha ducia de entidades
Suíza é o país europeo cunha maior presenza de galegas e galegos, con 41.114, e o cuarto do mundo, só por detrás da Arxentina, Brasil e Cuba. A importancia da emigración galega no país helvético queda reflectida na ducia de entidades que posúe inscritas no Rexistro da Galeguidade.

En imaxes
721 lecturas