Miranda: “A colaboración coa colectividade galega en Chile é fundamental para transmitir a nosa cultura ás novas xeracións”
Santiago de Compostela (A Coruña), 24 de setembro de 2025.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe no seu despacho ao vicepresidente do Lar Galego de Chile, Arturo Vasques, co obxectivo de reforzar a colaboración coa entidade e coñecer de primeira man as necesidades e proxectos da colectividade galega residente neste país latinoamericano.
Miranda destacou a traxectoria do Lar Galego como referente da cultura galega en Chile e puxo en valor o compromiso desta entidade coa difusión das tradicións, da lingua e da cultura galega. Así mesmo, reiterou o apoio da Xunta ás iniciativas que permiten manter vivo o vínculo coa terra de orixe e transmitilo ás novas xeracións.
Novas relacionadas




