Miranda reúnese cos responsables do Centro Galego de Rafaela para analizar os proxectos de promoción da cultura galega en Arxentina
Santiago de Compostela (A Coruña), 20 de marzo de 2025.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro cos responsables do Centro Galego de Rafaela, en Arxentina, co obxectivo de coñecer de primeira man as iniciativas que está a desenvolver esta entidade en favor da colectividade galega na localidade. Durante a reunión, analizaron os proxectos que se están a impulsar, centrados na promoción da cultura e tradicións galegas entre os seus socios e a comunidade en xeral.
Miranda destacou o labor que leva a cabo este centro para manter viva a cultura galega en Rafaela e interesouse polas necesidades actuais da entidade, reafirmando o compromiso da Xunta de Galicia de seguir apoiando ás comunidades galegas no exterior.
Novas relacionadas




