Miranda reafirma o seu apoio a FAGAMA para preservar a cultura galega en Madrid
Madrid, 25 de xuño de 2024.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe na Casa de Galicia en Madrid co presidente da Federación de Asociacións Galegas en Madrid - FAGAMA, Horacio Rico. Durante o encontro, abordaron as actividades desenvolvidas este ano e o secretario xeral expresou o seu apoio firme para continuar colaborando estreitamente.
Antonio Rodríguez Miranda destacou a importancia de manter e fortalecer os vínculos, subliñando que a colaboración con FAGAMA é esencial para preservar a cultura e identidade galegas en Madrid.
Novas relacionadas




