Miranda achega a Uruguai os programas de actuación da Secretaría e agradece o labor das entidades galegas no seu desenvolvemento

O secretario xeral da Emigración visita o Hogar Español e mantén, na sede do Centro Pontevedrés Social e Deportivo de Montevideo, un encontro cos representantes das entidades galegas no país.

Avalía o próximo evento “Galicia en Montevideo”, unha iniciativa que se levará a cabo o  vindeiro 25 de abril e que pretende amosar o traballo da colectividade galega en Uruguai por medio das súas institucións.

Pon en valor os programas destinados á mocidade galega no exterior, como o Conecta con Galicia, que ten agora mesmo aberta unha nova convocatoria, ou as BEME, que abrirá en próximas datas.

  • Miranda achega a Uruguai os programas de actuación da Secretaría e agradece o labor das entidades galegas no seu desenvolvemento
    Miranda achega a Uruguai os programas de actuación da Secretaría e agradece o labor das entidades galegas no seu desenvolvemento
  • Miranda achega a Uruguai os programas de actuación da Secretaría e agradece o labor das entidades galegas no seu desenvolvemento
    Miranda achega a Uruguai os programas de actuación da Secretaría e agradece o labor das entidades galegas no seu desenvolvemento
  • Miranda achega a Uruguai os programas de actuación da Secretaría e agradece o labor das entidades galegas no seu desenvolvemento
    Miranda achega a Uruguai os programas de actuación da Secretaría e agradece o labor das entidades galegas no seu desenvolvemento
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 28 de febreiro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, desprazouse a Montevideo, logo de manter senllos encontros na xornada precedente con distintos centros galegos en Bos Aires. Na capital uruguaia, o titular do departamento autonómico visitou o Hogar Español e reuniuse, na sede do Centro Pontevedrés Social e Deportivo de Montevideo, cos representantes das entidades galegas.

Así, no transcurso da visita ao Hogar Español, Rodríguez Miranda interesouse tanto pola situación da entidade, na procura de manter as liñas de colaboración abertas, como pola atención social que prestan aos galegos residentes no Uruguai. “O Hogar Español de Montevideo é unha clara mostra de galeguidade e solidariedade na atención aos galegos máis necesitados”, subliñou o secretario xeral, agradecendo o “importantísimo labor” que desenvolven neste ámbito.

Un agradecemento que Miranda fixo extensible ao resto de centros galegos de Montevideo, cos que se reuniu nas instalacións do Centro Pontevedrés Social e Deportivo, e aos que quixo dar as gracias polo seu “permanente compromiso a prol da galeguidade”.

Neste sentido, a reunión permitiu afondar no evento “Galicia en Montevideo”, unha iniciativa que se levará a cabo o  vindeiro 25 de abril e que pretende amosar o traballo da colectividade galega en Uruguai por medio das súas institucións. Para isto, realizarase unha feira cultural que permitirá ao público achegarse á gastronomía, a danza ou a música galega desfrutando das costumes e tradicións de Galicia e reforzando os vínculos entre ambas terras.

Así mesmo, o encontro permitiu tamén dar a coñecer os programas de actuación que a Secretaría Xeral ten agora mesmo en marcha, entre os que Rodríguez Miranda destacou aqueles destinados á mocidade galega no exterior, como o Conecta con Galicia ou as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior -BEME, que ofrecen a posibilidade de cursar estudos de posgrao en Galicia a 150 mozos, ás que cabe sumar outras 100 prazas para estudos de Formación Profesional.

O cuarto país con máis presenza de galegos do mundo

O Uruguai é o cuarto país do mundo con maior volume de cidadáns galegos residentes no exterior, cun total de 41.385 galegas e galegos vivindo en territorio uruguaio, segundo os datos do INE a data 1 de xaneiro de 2019, os últimos oficiais, o que o converte nun dos principais destinatarios dos programas da Secretaría Xeral da Emigración.

634 lecturas