Miranda sitúa o Centro Gallego de Montevideo como “casa de todos os galegos e nexo de unión con Uruguai”

Agradece ao autor a súa capacidade para “recoller nestas páxinas a historia dun centro que ten visto xa pasar tres séculos de galeguidade estreitando os vínculos” entre os dous países. 

Anxo M. Lorenzo subliña a importancia do centro na transmisión da cultura e lingua galega.

  • O secretario xeral da Emigración, acompañado do director xeral de Política Cultural, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación do último libro de Manuel Losa sobre esta entidade
    O secretario xeral da Emigración, acompañado do director xeral de Política Cultural, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación do último libro de Manuel Losa sobre esta entidade
  • O secretario xeral da Emigración, acompañado do director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación do último libro de Manuel Losa sobre esta entidade
    O secretario xeral da Emigración, acompañado do director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación do último libro de Manuel Losa sobre esta entidade
  • O secretario xeral da Emigración, acompañado do director xeral de Política Cultural, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación do último libro de Manuel Losa sobre esta entidade
    O secretario xeral da Emigración, acompañado do director xeral de Política Cultural, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación do último libro de Manuel Losa sobre esta entidade
  • O secretario xeral da Emigración, acompañado do director xeral de Política Cultural, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación do último libro de Manuel Losa sobre esta entidade
    O secretario xeral da Emigración, acompañado do director xeral de Política Cultural, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación do último libro de Manuel Losa sobre esta entidade
  • O secretario xeral da Emigración, acompañado do director xeral de Política Cultural, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación do último libro de Manuel Losa sobre esta entidade
    O secretario xeral da Emigración, acompañado do director xeral de Política Cultural, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación do último libro de Manuel Losa sobre esta entidade
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e da cónsul xeral do Uruguai en Galicia, María del Huerto Arcaus Sánchez, participou hoxe, no Museo  das Peregrinacións, na presentación do libro Centro Gallego de Montevideo. Una breve historia a través de tres siglos, de Manuel Losa Rocha. Unha obra, salientou Miranda, que engrandece o papel da entidade como “casa de todos os galegos e nexo de unión con Uruguai” desde hai xa 140 anos.

“As páxinas deste libro recollen a historia do centro galego máis antigo do mundo, que desde a súa posta en marcha en 1879 ten visto xa pasar tres séculos de galeguidade estreitando os vínculos entre Galicia e Uruguai”, destacou Miranda. Neste sentido, o secretario xeral puxo en valor o “gran traballo de investigación real, profunda e rigorosa” levada a cabo polo autor, que ten permitido “traer a través do tempo” a historia desta entidade.

Unha historia, proseguiu Miranda, que “non é menor”, e que aglutina non só o relato do propio centro, senón dunha “parte fundamental da emigración galega en Uruguai”. “É admirable, e un exemplo de galeguidade, o traballo de recuperación da memoria levado a cabo por Manuel Losa na súa vocación por inmortalizar os momentos que conforman un anaco imprescindible da historia da nosa Galicia exterior”, engadiu o responsable do departamento autonómico.  

Pola súa banda, o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, destacou o labor de conservación e transmisión da cultura e da lingua galega no exterior do Centro Galego de Montevideo.

140 anos de cultura e tradición galega
O Centro Gallego de Montevideo, fundado en 1879, é un dos máis activos do Uruguai, sumando hoxe en día case 800 persoas asociadas, das que máis de 550 son galegas. Desde os seus inicios ten atendido ás necesidades reais das galegas e galegos chegados ao país suramericano, fomentando e estreitando os vínculos e difundindo o coñecemento de Galicia.

O Uruguai é o cuarto país do mundo con maior volume de cidadás e cidadáns galegos residentes no exterior, cun total de 41.385 galegas e galegos vivindo en territorio uruguaio, segundo os datos do INE a data 1 de xaneiro de 2019, os últimos oficiais, o que o converte nun dos principais destinatarios dos programas da Secretaría Xeral da Emigración.

115 lecturas