Membros da Irmandade Galega de Rubí son recibidos por responsables da Xunta de Galicia tras completar a súa peregrinación polo Camiño de Santiago
Imaxe da chegada á Praza do Obradoiro das e dos membros da Irmandade Galega de Rubí que peregrinaron a Compostela

Membros da Irmandade Galega de Rubí concluíron este mércores a súa peregrinación polo Camiño de Santiago chegando á Praza do Obradoiro. Esta xornada non só representa o final da súa viaxe física, senón tamén o reflexo do seu compromiso coas raíces culturais e espirituais de Galicia.
Tras varios días de percorrido, as peregrinas e peregrinos foron recibidos por responsables da Secretaría Xeral da Emigración e do Xacobeo, que incluíu unha foto de familia na praza, símbolo de unidade e logro compartido.
A xornada continuou coa participación das e dos membros da Irmandade na Misa do Peregrino, celebrada ás 12:00 horas na Catedral de Santiago e que serviu como broche de ouro a unha experiencia inesquecible.
A Irmandade Galega de Rubí, con esta peregrinación, quixo reafirmar a súa ligazón indeleble con Galicia, as súas tradicións e o seu patrimonio espiritual. Esta viaxe non só foi unha proba física, senón tamén un camiño cara ao fortalecemento da identidade cultural e a solidariedade entre as e os membros da comunidade galega en Rubí e máis aló.
Novas relacionadas