Emigración felicita á Irmandade Galega de Rubí polo seu traballo de divulgación do Camiño de Santiago ao seu paso por esta localidade catalana
- Emigración felicita á Irmandade Galega de Rubí polo seu traballo de divulgación do Camiño de Santiago ao seu paso por esta localidade catalana

A Secretaria Xeral da Emigración felicitou á Irmandade Galega de Rubí polo proxecto de investigación e potenciación do Camiño de Santiago que hoxe se presentou ao longo dunha xornada centrada en dar a coñecer esta labor desenvolvida polo centro galego e o propio concello catalán. “Bailes do Camiño, de Europa a Galicia”, ten coma obxectivo dar a coñecer as tradicións culturais galegas e a súa vinculación coas de toda Europa a través da revitalización do trazado do Camiño de Santiago ao seu paso por este municipio.
A xornada contou coa participación duns 300 asistentes que desfrutaron da gastronomía tradicional galega e participaron de forma activa nun baile dirixido por profesionais de danza galega e tamén de bailes tradicionais europeos, facendo así unha metáfora entre a música e o Camiño de Santiago. Durante o acto presentouse a documentación que acredita a existencia desta vía por Rubí, vía que será posteriormente sinalizada nos seus diferentes tramos. A irmandade Galega de Rubí é centro promotor do Camiño de Santiago.
Novas relacionadas