Membros da Irmandade Galega de Rubí visitan a Sede da Emigración e reúnense co secretario xeral, quen lles agradeceu que sigan mantendo viva a cultura galega en Cataluña

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a subdirectora de Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, recibiron na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela unha delegación da Irmandade Galega de Rubí, encabezada pola súa presidenta, Silvia Castañeda. Durante o encontro, abordáronse os principais proxectos e necesidades desta entidade catalá que mantén viva a cultura galega en Rubí, así como as vías de colaboración coa Xunta de Galicia.
A visita permitiulles tamén coñecer as recentes reformas realizadas na sede da Secretaría, un espazo renovado que reforza o compromiso da Xunta cunha atención máis próxima e eficiente á colectividade galega tanto dentro como fóra de Galicia. O secretario xeral agradeceu a labor desenvolvida pola entidade e destacou especialmente a actividade do seu grupo folclórico, que esta noite actuará no programa Luar da Televisión de Galicia, como exemplo do dinamismo cultural que manteñen os galegos fora de Galicia.
Novas relacionadas