O secretario xeral da Emigración acompaña ás e aos membros da Asociación Centro Partido de Carballiño da Arxentina na súa visita á Catedral de Santiago
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañou onte ás e aos membros da Asociación Centro Partido de Carballiño de Bos Aires na Arxentina na súa visita á catedral de Santiago accedendo pola Porta Santa. Durante a visita estiveron acompañadas e acompañados tamén de varias e varios membros do Centro Gallego de México.
Todas e todos os membros de ambos centros galegos do exterior destacaron a emoción que supón a visita a Santiago de Compostela e en especial, ao Apóstolo, e asegurando que animarán a cantas e cantos coñecen na Arxentina e México para que realicen tamén o Camiño de Santiago. Ao longo do paseo pola catedral atopáronse coas e cos membros da Asociación Uruguaya de Amigos del Camino, que foron recibidos por Antonio Rodríguez Miranda o día anterior despois do remate da súa peregrinación a través do Camiño Portugués pola Costa.
Novas relacionadas





