Miranda e de la Campa acompañan no último tramo a peregrinas e peregrinos vinculados á colectividade española, membros da Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago
O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director do Xacobeo e Relacións coas Asociacións do Camiño de Santiago, Ildefonso de la Campa, acompañaron no último tramo do Camiño de Santiago a peregrinas e peregrinos vinculados á colectividade española do Uruguai, membros da Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago, que estiveron a percorrer o Camiño Portugués pola Costa nos últimos días.
As e os peregrinos, coa presidenta da asociación á fronte, Adriana Fernández Pérez, emocionáronse á súa chegada ante a Catedral de Santiago. A Asociación Uruguaya naceu coa finalidade de dar a coñecer e difundir os valores culturais e históricos do Camiño de Santiago entre persoas residentes neste país americano.
Novas relacionadas





