Emigración insta ás entidades locais e asociacións a traballar conxuntamente a prol da mediación intercultural e da formación do colectivo inmigrante

A Secretaría Xeral da Emigración convocou nunha xornada de traballo a diferentes axentes socias no eido das migracións, a fin de abordar e debater as principais liñas de actuación que prevé o departamento de Inmigración da Xunta en 2010.

Crearanse dous grupos de traballo permanentes en materia de mediación e formación, de cara a “fomentar a coparticipación entre os axentes e a administración e rendibilizar ao máximo a utilización dos recursos”, precisou o subdirector xeral na materia.

Listen to this page using ReadSpeaker

A Secretaría Xeral da Emigración, a través da subdirección xeral de Inmigración e Retorno, celebrou unha xornada de traballo para informar acerca das principais liñas de actuación que porá en marcha o departamento de Santiago Camba no eido das migracións ao longo deste 2010.

O subdirector xeral de Inmigración e Retorno, Antonio Aguarón, xunto a un técnico e mailo mediador intercultural da Secretaría Xeral da Emigración, José Otero- á esquerda-.

Durante a xornada, á que concorreron máis dun centenar de axentes sociais- entre técnicos das entidades locais e asociacións de inmigrantes- debatéronse os novos programas que se porán en marcha pola subdirección da Inmigración e do Retorno da Xunta, de cara a “fomentar a coparticipación, acordar obxectivos entre os axentes e a administración e rendibilizar ao máximo a utilización dos recursos dispoñibles”, precisou o subdirector xeral na materia, Antonio Aguarón.

Rede galega de mediación cultural
Así logo, abordouse a creación dunha rede de mediación intercultural- dependente do Programa de Mediación Intercultural, posto en marcha a finais do mes de xaneiro- e como modelo máis axeitado para implantar en Galicia, a fin de asesorar e apoiar ás administracións públicas e entidades sociais en materia de mediación.

Neste punto considerouse necesario a formación dun grupo de traballo permanente entre os participantes, co obxectivo de potenciar un asesoramento e orientación continuada ao colectivo por parte de tódalas administracións públicas e entidades sociais de Galicia que traballan no sector.

Púxose de manifesto que debido ao incremento da inmigración, así como a importancia dos fluxos migratorios en Galicia- con perfís específicos- precísase dunha especial atención por parte de profesionais formados neste ámbito concreto, como elemento clave para acordar obxectivos e desenvolver programas e actuacións coherentes.

Grupo de traballo permanente en formación
O programa de traballo completouse coas aportacións referidas a unha posible reorientación do actual Mapa de Recursos e mailas suxerencias referidas a un borrador do que será o Plan de Formación 2010, que contén accións formativas tanto no eixo da acollida coma na integración social; e que será obxecto de seguimento por outro grupo de traballo.

1782 lecturas