O Concello da Coruña apoia un programa da ONGD Ecos do Sur para a Inserción laboral de colectivos vulnerables

Destinará 6.000 euros ao programa "Inserción laboral ao inmigrante".

Listen to this page using ReadSpeaker

Ecos do Sur. Programa de inserción laboral de inmigrantes.O Concello da Coruña destinará 6.000 euros ao programa "Inserción laboral ao inmigrante", da ONGD Ecos do Sur. O obxectivo xeral deste servizo é facilitar o acceso ao emprego do colectivo inmigrante e emigrante retornado, así como a persoas en risco de exclusión social (mulleres vítimas de violencia de xénero, parados e paradas de longa duración, etc...) residente na cidade da Coruña.

De xeito máis específico, infórmase os usuarios e usuarias sobre cuestións básicas para a integración socio-laboral, valorando cada paso especificamente e orientándoo. Tamén se fomenta a busca autónoma de emprego, e que esta se apoie no uso das novas tecnoloxías. Outra das accións céntrase en realizar unha mediación entre as persoas demandantes de emprego e o tecido empresarial, establecendo canles de comunicación coa finalidade de conseguir a inserción laboral do colectivo, potenciando a súa participación real no mercado de traballo. As actividades concretas incluídas neste proxecto son orientación laboral xeral, busca activa de emprego e intermediación laboral coas persoas ou entidades empregadoras.

 

Fonte: Ecos do Sur | Foto: Ecos do Sur

939 lecturas