A lucense Lucía Pérez representará a España en Eurovisión
A cantante recordou as súas orixes na alegación final á audiencia, nomeando a O Incio, e tamén aos emigrantes galegos esparexidos por toda Europa.
O público foi fiel e ergueu á lucense Lucía Pérez camiño de Düsseldorf.
A artista do Incio conseguiu a pasada noite o pase a Eurovisión da man da canción Que me quiten lo bailao, coa que a cantante representará a España o próximo 14 de maio en Alemaña.
A gala non estivo exenta de certa polémica á hora de elixir a canción finalista. A galega mostrouse moi segura e decidida cando o xurado cos seus votos provocou o empate entre Abrázame e Que me quiten lo bailao. A de O Incio non dubidou en pedir a palabra e explicar ante o xurado que a canción coa que ela se sentía máis cómoda era a balada. Tras ser eloxiada polo valente xesto, segundo as palabras de Boris Izaguirre, finalmente os expertos optaron por escoller o tema Que me quiten lo bailao.
A cantante recordou as súas orixes na alegación final á audiencia, nomeando a O Incio, e tamén aos emigrantes galegos esparexidos por toda Europa. Esta vez, de novo non perdeu a oportunidade de recordar ao xurado a polémica do tema finalista, argumentando que ela se encontraba máis cómoda co descartado.
Durante a gala, houbo un aceno a Galicia, e en especial a Ana Kiro. Tras a primeira saída ao escenario para intrepretar precisamente o tema co que irá a Eurovisión, Reyes del Amor (cantante e especialista en Eurovisión), fixo mención á gran dama da canción galega, Ana Kiro, recentemente falecida, recordando que en 1969 participou na preselección do festival.
Ademais, Lucía tivo un pequeno incidente cando interpretaba no escenario un dos tres temas, cando se momentaneamente se quedou sen son. Non obstante, a profesionalidade e saber estar da moza fixo que solucionase este inconveniente sen problemas e practicamente non se notou.
Apoio masivo dos espectadores
A de O Incio conseguiu unha alta porcentaxe dos votos do público, un total do 68% dos votos dos espectadores. O apoio dos fans a Lucía Pérez deixou sen opcións aos outros dous finalistas, Melissa e Auryn.
A cantante mostrouse moi emocionada tras proclamarse flamante gañadora
Lucía Pérez, que comezou a darse a coñecer en Luar, conseguiu, aos seus 25 anos, ser a primeira galega que representará a España no histórico festival de Eurovisión, que malia que nos últimos anos parece estar vido a menos, no pasado supuxo o inicio dunha carreira chea de éxitos para artistas como Sergio Dalma ou David Civera. Ademais, a cantante xa ten táboas nisto dos festivais, xa que xa representou en dúas ocasións a España no festival de Viña del Mar, en Chile.
Minutos despois de rematar a gala de Destino Eurovisión, Lucía Pérez entrou en directo en Luar, que se converteu nunha festa.
Fonte: La Voz de Galicia | Foto: www.luciaperez.net
Novas relacionadas



