A emigrante galega Ana Kiro é homenaxeada en Vedra

Os pais da cantante marcharon cando ela era pequena a Cataluña.

Listen to this page using ReadSpeaker
18 de agosto de 2010.

A Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya rendeu en Vedra unha homenaxe á popular cantante Ana Kiro en recordo « à emigrante que fuches», xa que a artista emigrou cos seus pais dende Arzúa (A Coruña), a terras catalás, cando esta aínda era un bebé.

Ana Kiro agradeceu o acto de recoñecemento á súa traxectoria e á súa persoa e gozou especialmente co programa, que incluía a actuación da cantante Sabela.

Ademais do tributo a Ana Kiro, a Federación inaugurou dúas exposicións sobre a emigración galega: unha relativa á poboación que marchou cara á Arxentina e outra promovida para recordar os que emigraron a Cataluña.

Os actos coincidiron coa presenza en Vedra de emigrantes en Arxentina que vistan o municipio para celebrar o centenario da Sociedade Parroquial de Vedra en Bos Aires.

2289 lecturas