Gómez Noya gaña a Copa de Europa Premiun tras unha gran carreira a pé

A pesar de ir segundo en natación e ciclismo, o galego dominou o último segmento.

Listen to this page using ReadSpeaker
2 de agosto de 2011.

O galego Javier Gómez Noya, líder actual do ranquin mundial de triatlón, mostrouse onte como un triatleta de "pura raza" logrando o primeiro posto do podio na Copa de Europa Premium de Triatlón, tras unha excelente carreira a pé.

O francés Etienne Diemunsch tratou de alcanzar a Gómez Noya durante practicamente todo o último segmento, pero non foi posible xa que Noya foi marcando a diferenza metro a metro e a pesar de que Diemunsch o intentou, non logrou alcanzalo, conformándose coa segunda posición. Aaron Harris finalizou no terceiro lugar.

Jose Miguel Pérez, pelexaba ata a última zancada, non obstante tívose que conformar co cuarto posto por unhas décimas de segundo. No top 10 tamén estivo presente Mario Mola, que entraba na oitava posición.

O segmento de natación foi liderado na súa totalidade polo eslovaco Richard Varga seguido de Gómez Noya, e a uns metros deles un segundo grupo. Mantivéronse nas mesmas posicións durante o segmento ciclismo, pero finalmente alcanzoulles o segundo grupo liderado Mario Mola.

Unha vez comezada a carreira a pé, xa na primeira volta o español e actual líder do ranking mundial, Gómez Noya, coma se os quilómetros non lle pasasen factura, marcou a diferenza e alzouse coa primeira posición do podio.

"As dúas voltas que demos en solitario no segmento ciclista e a calor, me atrasaron un pouco, de todos os xeitos, encontreime ben na carreira a pé. Estou contento de competir aquí e lograr esta posición", aseguraba Gómez Noya e engadía: "Non obstante o meu obxectivo está na cita mundial de Londres, onde encontrarei os rivais máis duros", concluíu o ferrolano.

Fonte: El Correo Gallego

1391 lecturas