La Dorada Coral Gables, propiedade de dous galegos en Miami, premiado

Os manxares máis típicos de Galicia converteron ao restaurante La Dorada Coral Gables (Miami) no mellor do mundo, segundo a Academia Americana de Ciencias da Hospitalidade.

Listen to this page using ReadSpeaker
24 de setembro de 2009.

Os manxares máis típicos de Galicia converteron ao restaurante La Dorada Coral Gables (Miami) no mellor do mundo, segundo a Academia Americana de Ciencias da Hospitalidade, que outorga cada ano un prestixioso premio chamado Cinco Estrelas de Diamante (The International Five Star Diamond Award). Hai uns anos levóuseo El Bulli de Ferran Adrià. Esta vez foi para o establecemento do que son propietarios os emigrantes galegos Domingo Gándara, de Ponteareas, e Manuel Alonso, da Cañiza.

Deste modo, a organización destaca ao restaurante pola súa cociña, as súas instalacións e a calidade. Pero ademais distingue a Domingo Gándara pola súa traxectoria, o que lle valeu tamén unha proclama do alcalde de Coral Gables, algo así como unha consideración de fillo predilecto.

Entre os clientes de La Dorada cóntanse dende presidentes de Goberno ata estrelas de cine.

E despois deste premio seguro que todos, sen dúbida, repetirán.

1252 lecturas