O restaurante dun galego en Suíza recibe o premio de gastronomía de Galicia.

A Casa Aurelio, en Zürich, foi galardoada polo seu labor da promoción da cociña galega en Europa.

Listen to this page using ReadSpeaker

O xurado do Premio de Gastronomía de Galicia reuniuse este luns, 14 de febreiro, en Lalín para anunciar os gañadores da 17ª edición do certame, na que o establecemento que mantén un emigrante en Suíza foi premiado na categoría internacional.

O xefe de cociña lalinense Aurelio, que dirixe a Casa Aurelio, en Zürich, leva máis de 30 anos vivindo en Suíza. Nacido en Froxán, emigrou na década dos 70 coa intención de quedar alí só tres meses. Non obstante, todo lle foi moi ben e rematou por quedar definitivamente na cidade máis poboada do país centroeuropeo. As especialidades do establecemento do xefe de cociña galego son o peixe e a carne.

Tamén se premiou aos restaurantes Casa Pardo da Coruña e Sanxenxo de Madrid nas categorías de promoción da cociña autonómica na comunidade e en España, respectivamente.

1466 lecturas