Galicia, unha das tres comunidades con superávit no primeiro trimestre do ano

O país rexistrou un crecemento do 0,14% do PIB, mentres que o global das comunidades decrecen ao 0,46%.

Galicia, Aragón e La Rioja foron as tres únicas comunidades autónomas que presentaron superávit nas súas contas durante os tres primeiros meses do ano, cun 0,14, 0,19 e 0,18%, respectivamente.

Listen to this page using ReadSpeaker
2 de xuño de 2011.

A Vicepresidenta económica, Elena Salgado, fixo públicos estes datos nunha rolda de prensa na que xunto ao Secretario de Estado de Facenda, Carlos Ocaña, fixo balance da execución presupostaria do Estado e as comunidades autónomas.

No primeiro trimestre do ano, os ingresos non financeiros diminuíron no conxunto das autonomías un 2,23%, mentres que os gastos non financeiros creceron un 5,4%, o que dá un resultado dun déficit presupostario do 0,46% do PIB.

A pesar diso, Salgado recalcou a «gran variabilidade entre as comunidades autónomas», xa que hai unhas autonomías que cumpriron co obxectivo marcado, mentres que outras están niso e deberán «acelerar a aplicación dos seus plans de reequilibrio» para logralo. Puntualizou que os datos «reflicten unha evolución do gasto superior á que debería producirse no ano 2011 e un desequilibrio do gasto presupostario superior ao que cabería esperar».

Ao seu xuízo, existen autonomías que están a reconducir desequilibrios de anos anteriores e facendo un grande esforzo, mentres que outras presentan datos que non son tan positivos. Neste sentido, precisou que o obxectivo de déficit é un «compromiso irrenunciable», polo que recordou que o Goberno seguirá realizando un estrito control sobre as desviacións que puidesen estar a producirse para garantir que as comunidades teñan ao final do ano un déficit do 1,3% do PIB, ao que o Goberno se comprometeu.

Especialmente preocupante é o caso de Cataluña. A Generalitat presentou un Presuposto para o ano 2011 cun déficit de 2,66% do PIB, o dobre do que lle marcou o Goberno central no seu momento, segundo os datos presentados pola Conselleria de Economía.

 

Fonte: La Voz de Galicia

1459 lecturas