A Casa Galega de L´Hospitalet celebrou a Semana Cultural Galega, con grande éxito de público.

Dende o venres ata o domingo a colectividade galega, e a cidadanía en xeral, deuse cita neste xa tradicional evento da populosa cidade catalá.

  • As e os máis cativos tamén foron protagonistas da festa.
    As e os máis cativos tamén foron protagonistas da festa.
  • Conxunto da Casa Galega.
    Conxunto da Casa Galega.
  • Toxos e Xestas de Barcelona foi un dos grupos invitados pola Casa Galega.
    Toxos e Xestas de Barcelona foi un dos grupos invitados pola Casa Galega.
Listen to this page using ReadSpeaker
14 de xullo de 2012.

A pasada fin de semana concluíu a Semana Cultural Galega de Casa Galega en Hospitalet de Llobregat. Este ano cun novo lugar de reunión, a aceptación por parte da cidade foi moi positiva. Moita xente interesada durante os tres días, polas orquestras típicas galegas, a nosa gastronomía e polos diferentes actos culturais que se ofreceron a toda a cidadanía.

A festa contou coa colaboración doutros grupos de Cataluña cos que a Casa Galega mantén unha estreita colaboración, non só por amizades en común senón por proxectos compartidos como é a Banda Xuntanza de Cataluña: ACG Rosalía de Castro de Cornellá e Agarimos de Badalona, ademais do propio grupo da entidade.

As tardes do Sábado e Domingo foron dedicadas a mostrar os diferentes estilos galegos aprendidos polos grupos, dende a harmónica e cantareiras ata a demostración de percusión e canto do grupo de pais. Tamén se gozou das achegas dun grupo Irlandes e do Centro Andaluz.

En especial Casa Galega, anfitriona da festa, mostrou o Sábado pola noite o proxecto Banda Xuntanza de Cataluña ás diferentes autoridades e unha pequena mostra do futuro da entidade coas e os máis pequenos do centro, de entre 5 e 8 anos.

Durante o Domingo, varias actuacións dende os máis pequenos e pequenas, pasando polo núcleo "duro" da entidade, sendo as e os que a representan en concursos tan importantes como Xacarandaina, Campionato de Bandas de Gaitas, Concursos locais..., ata os máis veteranos e veteranas, os pais. Todo o círculo se pecha dentro da Casa Galega.

Este ano, ademais, encerra o denominado XXV Aniversario co que será o seu remate en 2013, esperando ter a mesma aceptación, ou máis, por parte de todos e todas.

1144 lecturas