Feijóo trasládalle a Juan Carlos Varela o interese da Comunidade para dar continuidade ás oportunidades económicas e industriais que ofrecen Galicia e Panamá

O titular da Xunta agradece ao gobernante panameño que incluíse a Comunidade galega na súa primeira viaxe institucional que realiza a Europa, logo de ser elixido presidente da República o pasado mes de maio.

O presidente da Xunta incide en que o Goberno autonómico ten en Panamá un destino prioritario dentro da súa axenda internacional co obxectivo de aproveitar as posibilidades de mercado que para as empresas galegas ofrece, diante do seu crecemento.

Ademais de fomentar a internacionalización das empresas galegas, o responsable do Executivo autonómico trasládalle a Varela o interese da Xunta por atraer investimentos cara Galicia; un lugar fiable, con calidade e onde hai un valor seguro que é a confianza nas súas empresas.

Na xuntanza, ambos mandatarios identifican tres ámbitos de colaboración prioritarios: a sanidade, o saneamento e o abastecemento de auga, e o tratamento dos residuos sólidos.

Feijóo tamén lle plantexa a Varela que a través do hub aeroportuario de Panamá se poidan consolidar pasaxeiros para visitar Galicia “porque realmente Panamá é un dos grandes aeroportos de Latinoamérica”, sinala, “polo que o turismo tamén formou parte da nosa axenda”.

O presidente de Panamá convida ao mandatario galego a visitar de novo o país.

  • O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantivo, en Santiago, unha xuntanza co recentemente elixido presidente de Panamá, Juan Carlos Varela. Foto: Xoán Crespo
    O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantivo, en Santiago, unha xuntanza co recentemente elixido presidente de Panamá, Juan Carlos Varela. Foto: Xoán Crespo

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2014.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantivo hoxe, en Santiago, unha xuntanza co recentemente elixido presidente de Panamá, Juan Carlos Varela, a quen lle trasladou o interese da Comunidade galega para dar continuidade ás oportunidades económicas e industriais que ofrecen Galicia e o país latinoamericano.

Nun primeiro termo, o presidente da Xunta quixo agradecer ao gobernante panameño que incluíse a Comunidade galega na súa primeira viaxe institucional que realiza a Europa, logo de ser elixido presidente da República o pasado mes de maio. E, nesta liña, ambos os dous mandatarios tiveron a oportunidade de recordar os lazos afectivos que unen a Varela con Galicia e, moi especialmente, con Betanzos, localidade onde naceron os seus avós.

Durante o encontro, Feijóo incidiu en que o Goberno galego ten en Panamá un destino prioritario dentro da súa axenda internacional co obxectivo de aproveitar as posibilidades de mercado que para as empresas galegas ofrece, diante do seu crecemento. Así, ademais de fomentar a internacionalización das empresas galegas, o responsable do Goberno galego trasladou a Varela o interese da Xunta por atraer investimentos cara Galicia; un lugar fiable, con calidade e onde hai un valor seguro que é a confianza nas súas empresas.

Posibilidade de colaboración
Na viaxe recente que o presidente do Goberno galego fixo ao país panameño xa puido constatar as posibilidades que para o sector da loxística ofrece a ampliación do Canal, de cara a aproveitar o potencial de Galicia como plataforma loxística intermodal do arco atlántico europeo. Unha colaboración que se quere facer extensible a outros sectores “que poden ser interesantes para Panamá e para Galicia”.

Así, o presidente galego referiu que, durante o encontro, ambos identificaron “tres posibilidades de contacto”. En primeiro lugar, dixo, a sanidade, “onde o presidente quere facer unha aposta pola sanidade do seu país”; en segundo lugar, o “saneamento e o abastecemento da auga, tamén clave para a saúde pública, e aquí temos empresas que coñecen moi ben o saneamento e o abastecemento, dada a dispersión poboación”, apuntou Feijóo; e tamén no eido do tratamento de residuos. A este respecto o mandatario galego lembrou a experiencia de Galicia, coa empresa pública Sogama, “unha empresa que coñece ben o tratamento de residuos”. Por iso, dixo, “quedamos en concretar un equipo do Goberno panameño e un equipo do Goberno galego as posibilidades en sanidade, en abastecemento e saneamento, e en tratamento de residuos sólidos”, abundou.

Paralelamente, Feijóo avanzou que lle plantexou ao presidente “-neste caso foi unha proposta nosa-, que nos gustaría, a través do hub aeroportuario de Panamá que, sen dúbida, é un dos grandes hubs do mundo, poder consolidar pasaxeiros e que poidan visitar Galicia, que poidan visitar o Camiño de Santiago, a través dalgunha experiencia ou vo chárter, porque realmente Panamá é un dos grandes aeroportos de Latinoamérica e, polo tanto, o turismo tamén formou parte da axenda”, concluíu.

Durante o encontro Juan Carlos Varela convidou ao titular da Xunta a visitar de novo o país panameño.

Cómpre salientar que Galicia e Panamá xa incrementaron as súas relacións comerciais no último ano, cando as exportacións da autonomía galega ao país americano medraron nun 13% e subiron, ao mesmo tempo, un 14% as empresas que por primeira vez tiveron unha exportación concreta a esa nación.

1035 lecturas