Rueda traslada ao presidente da República de Panamá o interese de Galicia por estreitar lazos económicos e comerciais co país de América central

Salienta a importancia das relacións existentes entre Galicia e Panamá en sectores como a pesca e o turismo, así como as colaboracións noutros que están en alza, como as enerxías renovables.

Ambos mandatarios abordaron a posibilidade de intensificar a posición deste país como punto loxístico das exportacións galegas, tendo en conta que na actualidade hai 257 empresas da comunidade operando neste eido en Panamá.

Rueda convida o presidente panameño a visitar Galicia e a facer un tramo do Camiño de Santiago, “como Marca Galicia que é en todo o mundo”.

  • O presidente da Xunta reuniuse co mandatario panameño, Laurentino Cortizo
    O presidente da Xunta reuniuse co mandatario panameño, Laurentino Cortizo

  • En homenaxe aos 12.000 obreiros “excepcionais” que participaron na construción da Canle de Panamá, Rueda participou na primeira pada da construción do monumento que se lles vai levantar en colaboración coa Fundación Nosa Terra
    En homenaxe aos 12.000 obreiros “excepcionais” que participaron na construción da Canle de Panamá, Rueda participou na primeira pada da construción do monumento que se lles vai levantar en colaboración coa Fundación Nosa Terra

Listen to this page using ReadSpeaker
Cidade de Panamá (Panamá), 14 de abril de 2023.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou ao presidente da República de Panamá, Laurentino Cortizo, o interese de Galicia por estreitar lazos económicos e comerciais co país de América Central. Na súa viaxe institucional ao continente americano, o titular do Goberno galego reuniuse onte co mandatario panameño, descendente de emigrantes galegos, nun encontro no que participaron os ministros de Obras Públicas e de Cultura deste país, Rafael José Sabonge e Giselle González, respectivamente.

Alfonso Rueda agradeceu a Laurentino Cortizo o seu interese por fortalecer as relacións entre Panamá e Galicia, unidas por lazos de irmandade, que se reflicten en que hai 4.000 galegas e galegos residentes, “o que supón un terzo da poboación española neste país”.  

Exportacións, hidróxeno verde, pesca e turismo
O mandatario galego explicou que na reunión se afondou no estreitamento das relacións comerciais, tendo en conta que na actualidade hai 257 empresas galegas que exportan produtos ao país centroamericano. Por este motivo, precisou que no encontro se abordou “intensificar a posición de punto loxístico de Panamá para chegar a outras moitas partes do mundo”.

Eses intercambios comerciais están consolidados e son xa relevantes en sectores como a pesca, o téxtil e a madeira, pero o presidente da Xunta amosou interese en afianzar as relacións noutros eidos en alza ou emerxentes, como as enerxías renovables co obxectivo de xerar oportunidades en beneficio de ambos os dous territorios.

Neste eido, Rueda explicou que o presidente Laurentino Cortizo lle apuntou que Panamá ten previsto converterse nun hub con respecto o hidróxeno verde. “En Galicia estamos exactamente na mesma posición”, aseverou, polo que considerou importante “establecer alianzas” con respecto á que cualificou de “enerxía do futuro”.

O presidente do Goberno galego tamén fixo especial fincapé no sector pesqueiro, unha industria clave para Galicia cunha gran tradición comercial en América que está plenamente asentada en Panamá, onde as empresas galegas que operan no mercado internacional contan cun importante volume de negocio.  

Convite ao presidente de Panamá a visitar Galicia
Do mesmo xeito, Rueda tamén se amosou favorable a acordos de Galicia con Panamá en materia turística, xa que salientou que comparten “enormes potencialidades” e lembrou o “récord” de visitantes alcanzado na Comunidade galega en 2022, Ano Xacobeo, con máis de seis millóns de turistas. “No turismo de pospandemia a xente procura espazos abertos, a natureza e a non masificación. E isto encáixalles perfectamente a Galicia e a Panamá”, valorou.

Precisamente, Rueda informou de que na reunión convidou o presidente de Panamá a visitar Galicia e amosoulle o seu interese de que fixese “un pequeno tramo” do Camiño de Santiago, xa que salientou que se ten convertido en “Marca Galicia en todo o mundo” á vez que puxo en valor que o Xacobeo está a chegar “cada vez a máis países” . “A invitación queda aberta, cando el o decida ou crea convinte o recibiremos cos brazos abertos”, concluíu ao respecto. 

Monumento aos galegos da Canle de Panamá
No encontro co presidente de Panamá, Rueda agradeceulle o labor que se está a facer para recordar a presenza dos galegos no desenvolvemento de Panamá a través da Fundación Nosa Terra. De feito, lembrou que foron moitos os que interviñeron na construción dunha das principais obras da enxeñería mundial, a Canle de Panamá. En homenaxe a eses 12.000 obreiros “excepcionais”, o presidente da Xunta participou na primeira pada da construción do monumento que se lles vai levantar en colaboración coa Fundación Nosa Terra. Será unha peza escultórica de 2,4 metros, obra de Gonzalo Sánchez Mendizábal.  

“Non é un episodio demasiado coñecido e é moi bo pór en valor que en Galicia se saiba que hai un século moitos compatriotas se desprazaron, cando todo era máis difícil e complicado, e foron protagonistas fundamentais dunha obra de enxeñería que cambiou para sempre as comunicacións no mundo”, enxalzou.

173 lecturas