Feijóo e o ministro de Exteriores de Panamá abren a posibilidade de que as pemes galegas se instalen neste país para poder incrementar a súa capacidade exportadora no continente americano

O presidente da Xunta reuniuse co ministro de Relacións Exteriores de Panamá, Francisco Álvarez de Soto.

Na xuntanza plantexáronse “todas as facilidades para que a pequena empresa galega se implante aquí con visados e con rapidez nas autorizacións gobernamentais e, polo tanto, esta é unha oportunidade cun gran hub que neste momento xa constitúe Panamá para exportar ao resto do continente americano”, sinala.

En canto ao sector eólico, resalta que hai “empresas galegas que teñen patentes que imos presentar ao Goberno panameño”, por canto este é un país deficitario en enerxía.

Destaca que “hai grandes posibilidades para avanzar” para que armadoras galegas teñan a posibilidade de pescar nas augas xurisdicionais panameñas, do Pacífico e do Atlántico.

Durante o encontro tamén se abordou a posibilidade de colaboración no eido da enxeñaría, para que empresas galegas poidan participar nas infraestruturas viarias ou na edificación civil e gobernamental que Panamá está impulsando; e no eido das TIC aplicadas á sanidade, como a receita ou a historia clínica electrónica.

O presidente da Xunta participou esta mañá nun encontro con empresariado galego en Panamá que serviu “para ensanchar a nosa comunicación permanente ao obxecto de seguir incrementando as capacidades e as exportacións galegas” a este país.

A axenda do mandatario galego en Panamá conclúe cunha reunión con tres membros do Goberno para “ampliar” posibles colaboracións entre Galicia e o país panameño.

  • O presidente da Xunta reuniuse co ministro de Relacións Exteriores de Panamá, Francisco Álvarez de Soto
    O presidente da Xunta reuniuse co ministro de Relacións Exteriores de Panamá, Francisco Álvarez de Soto
  • O presidente da Xunta reuniuse co ministro de Relacións Exteriores de Panamá, Francisco Álvarez de Soto
    O presidente da Xunta reuniuse co ministro de Relacións Exteriores de Panamá, Francisco Álvarez de Soto
  • O presidente da Xunta participou esta mañá nun encontro con empresariado galego en Panamá
    O presidente da Xunta participou esta mañá nun encontro con empresariado galego en Panamá
Listen to this page using ReadSpeaker
Panamá, 19 de marzo de 2014.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o ministro de Relacións Exteriores de Panamá, Francisco Álvarez de Soto, abordaron hoxe a posibilidade de que as pequenas e medianas empresas galegas se poidan instalar en Panamá para, desde este país, poder incrementar a súa capacidade exportadora e poder entrar nos mercados centroamericano, norteamericano e suramericano. Tras o encontro co ministro de Relacións Exteriores panameño, o titular da Xunta asegurou que na xuntanza se plantexaron “todas as facilidades para que a pequena empresa galega se implante aquí con visados e con rapidez nas autorizacións gobernamentais e, polo tanto, -incidiu-, esta é unha oportunidade cun gran hub que neste momento xa constitúe Panamá para exportar ao resto do continente americano”.

Así mesmo, o mandatario galego e o ministro de Relacións Exteriores tamén afondaron noutros temas como a pesca, o sector eólico, a enxeñaría ou as tecnoloxías da información aplicadas á sanidade. Canto ao sector eólico, Feijóo lembrou que Panamá é un país deficitario en enerxía e que o eólico “é un produto que o Goberno panameño quere impulsar”, tanto no que ten que ver con parques de produción de enerxía, como para o autoconsumo. Hai “empresas galegas que teñen patentes que imos presentar ao Goberno panameño”, sinalou ao respecto.

No referente á pesca, Feijóo afirmou que “hai grandes posibilidades para avanzar con Panamá en empresas mixtas, en caladoiros panameños, tanto no Pacífico como no Atlántico” polo que este “é un proxecto que imos estudar moi pormenorizadamente para mandar a determinados armadores galegos a posibilidade de pescar no Pacífico e no Atlántico, nas augas xurisdicionais panameñas, que son grandes e que están neste momento cunha enorme capacidade e cun enorme potencial”.

“Tamén falamos, loxicamente, das enxeñarías, das consultoras, das enxeñarías civís, tanto en proxectos como en dirección de obra e calidade de obra”, argumentou o presidente da Xunta, lembrando que Panamá segue a ser un país que está incrementando as súas infraestruturas, que estes días se vai inaugurar a liña 1, os primeiros 23 quilómetros do metro en Panamá; que xa están anunciadas as liñas 2 e 3, con 20 quilómetros e “aí –aseverou Feijóo-, podemos ser empresas galegas as que fagan parte das enxeñarías do metro panameño e tamén doutras infraestruturas viarias e de edificación civil e gobernamental que Panamá está impulsando”.

Por último, tamén se abordou a posible colaboración no sector das novas tecnoloxías aplicadas ao ámbito sanitario, “tanto nos proxectos de receita electrónica como nos proxectos de historia clínica electrónica, que aproximaremos ao Ministerio de Sanidade”, explicou ao respecto.

Encontro con empresariado galego en Panamá
Antes do encontro co ministro de Relacións Exteriores, o presidente da Xunta participou nun almorzo con empresariado galego que forman parte do Plan Primex e coa Asociación de Empresarios Galegos en Panamá. Unha xuntanza que, segundo manifestou, serviu para “ensanchar a nosa comunicación permanente ao obxecto de seguir incrementado as capacidades e as exportacións galegas a Panamá”, que, lembrou, nos últimos anos se teñen incrementado máis dun 13%.

Reunión con membros do Goberno de Panamá
A axenda do presidente da Xunta ao país panameño finaliza este mércores cunha reunión na que participan o ministro de Relacións Exteriores de Panamá, Francisco Álvarez de Soto; a ministra de Educación, Lucy Molinar; e o ministro para Asuntos do Canal, Roberto Roy, co obxecto de “ampliar” posibles colaboracións entre Galicia e o país de Centroamérica.

1055 lecturas