Feijóo e Mujica apostan por dar carácter de estabilidade ás relacións económicas e empresariais entre Galicia e Uruguai centrándose en sectores como as enerxías renovables ou o naval

O presidente da Xunta ofreceu unha recepción institucional ao presidente da República Oriental do Uruguai, que está de visita oficial en Galicia.

Anuncia a sinatura dun convenio que sentará as bases para unha cooperación duradeira, que identifica ao Igape e ao seu homólogo ‘Uruguay XXI’ como os encargados de pilotar as relacións económicas e formaliza e consolida a boa sintonía existente historicamente entre ambos os territorios.

Lembra que, “como cara e cruz dunha mesma moeda”, Galicia necesita apostar pola proxección exterior da súa economía, ao tempo que atraer investimentos doutros países cara á nosa terra, tarefa na que Uruguai se torna como un aliado “fundamental, decisivo e prioritario”.

  • O titular da Xunta ofreceu unha recepción institucional ao presidente do Uruguai, de visita oficial en Galicia. Foto: Conchi Paz
    O titular da Xunta ofreceu unha recepción institucional ao presidente do Uruguai, de visita oficial en Galicia. Foto: Conchi Paz

  • O titular da Xunta recibe en Lavacolla ao presidente do Uruguai, que está de visita oficial en Galicia. Foto: Conchi Paz
    O titular da Xunta recibe en Lavacolla ao presidente do Uruguai, que está de visita oficial en Galicia. Foto: Conchi Paz
  • O conselleiro de Economía e Industria asinou un convenio de colaboración co ministro uruguaio de Industria. Foto: Conchi Paz
    O conselleiro de Economía e Industria asinou un convenio de colaboración co ministro uruguaio de Industria. Foto: Conchi Paz
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2013.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da República Oriental do Uruguai, José Mujica, avogaron este domingo por dar carácter de estabilidade ás relacións económicas e empresariais entre Galicia e Uruguai, centrándose en sectores estratéxicos como as enerxías renovables ou o naval. Así o manifestaron tras o encontro que mantiveron pola tarde ambos os mandatarios, no marco da primeira visita oficial que o presidente da República Oriental do Uruguai realiza a Galicia.

Durante a reunión, tanto Alberto Núñez Feijóo como José Mujica coincidiron en destacar que a relación dos galegos e as galegas co país do cono sur vén de antigo e está sustentada nunhas “sólidas raíces” e que esta visita “á nosa terra, non fai senón testemuñar a nosa firme vontade de que esa relación teña futuro, e que se vaian fortalecendo e impulsando os vínculos que se teñen fraguado ao longo da historia”, destacou Feijóo.

“Esta tarde, os Gobernos de Galicia e de Uruguai queremos dar un paso máis neste sendeiro de progreso que conduce cara á alianzas estratéxicas que nos permiten camiñar unidos e crecer”, aseverou o presidente da Xunta, resaltando a aposta por impulsar de maneira conxunta unha colaboración “aínda máis intensa” entre os dous territorios que “dea carácter de estabilidade ás relacións entre Galicia e Uruguai”.

De aí, avanzou, a sinatura dun convenio de colaboración conxunto polo que ambos territorios “levantamos os cimentos dunha colaboración permanente para desenvolver accións conxuntas que contribúan a dinamizar as nosas empresas”. Un acordo que sentará as bases dunha cooperación estable e duradeira; que identifica ao Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, e ao seu homólogo, Uruguay XXI, como axentes encargados de pilotar esas relacións económicas nos dous territorios, ao ser os mellores coñecedores das posibilidades comerciais e de investimento mutuas; e que formaliza e consolida a boa sintonía xa existente e que une historicamente a Galicia e a Uruguai.

“Estamos convencidos –aseverou o presidente galego-, de que esta nova aposta de colaboración permitirá que as rodas deste tándem conformado por Uruguai e Galicia xiren, avancen e cheguen a bo porto, ofrecéndonos resultados tanxibles que demostren a oportunidade e o acerto do reforzo destas relacións”.

Uruguai, aliado “fundamental, decisivo e prioritario”
O presidente da Xunta incidiu na necesidade de Galicia de apostar pola proxección exterior da súa economía e traballar no reforzo de alianzas estratéxicas. E nese camiño, dixo, “Uruguai tórnase como un aliado fundamental, decisivo e prioritario”. Referiuse a este país do cono sur como clave na economía mundial e como un dos focos de desenvolvemento: así o acredita o seu potencial económico (o ritmo de crecemento de Uruguai situouse nunha media do 5,5% na última década); o ser un país saneado; e a súa posición xeográfica estratéxica, ao ser veciño de Brasil e Arxentina.

“Uruguai sitúase, pois, como un territorio que xa é clave na economía mundial”, explicou Feijóo, remarcando que tamén é “fundamental e decisivo” para os intereses da comunidade e das empresas galegas: é o quinto destino latinoamericano dos produtos galegos; 46 empresas galegas exportan habitualmente a este país; e nel están implantadas firmas galegas relevantes, de distintos sectores como o téxtil, a tecnoloxía ou a construción.

Sectores estratéxicos: o naval ou as enerxías renovables
“De igual modo en que en Galicia somos conscientes da nosa necesidade de internacionalización e de facilitar a presenza dos emprendedores galegos no exterior, como cara e cruz dunha mesma moeda, sabemos que é preciso atraer investidores doutros países cara á nosa terra”, argumentou Feijóo, incidindo que é aquí onde Galicia se erixe como punto de referencia, como “porta de entrada a Europa” e está chamada a xogar “un papel de primeira orde no acercamento mutuo entre Latinoamérica e o vello continente europeo”.

Nesta liña, tanto o presidente galego como o mandatario de Uruguai coincidiron en destacar como grandes protagonistas nas relacións empresariais entre os dous territorios os sectores pesqueiro e naval. Resaltaron as sinerxías bilaterais entre ambos os dous países, e a oportunidade de que Uruguai pretenda crear un polo naval en Montevideo e no sur do país, para o que o saber facer do naval de Galicia podería ser o instrumento adecuado e propicio para contribuír a levalo a cabo. Un saber facer que levou á construción de tres barcazas en Uruguai polo grupo galego Galictio, e que podería acadar maior percorrido, tanto no que se refire á produción de buques, como á loxística dos portos.

O campo das enerxías renovables tamén se sitúa como foco de investimentos duradeiros e estables. A este respecto, o presidente da Xunta expuxo ante Mujica que máis da metade da enerxía que produce Galicia é de orixe renovable, que a comunidade galega é a que conta con maior potencial de España neste eido e que se sitúa como unha das rexións europeas que ten máis evolucionados todos os eslavóns da cadea de valor. E que, por isto, Galicia está chamada a ser socio prioritario de Uruguai, que pretende seguir ampliando a súa capacidade eólica, de biomasa e hidráulica.

Por último, o mandatario galego e o presidente uruguaio incidiron noutras potencialidades existentes entre os dous países en sectores como a automoción, os centros tecnolóxicos, as infraestruturas ou a construción.

Visita do presidente de Uruguai a Galicia
O encontro entre o titular da Xunta e o mandatario da República Oriental do Uruguai é o primeiro acto da axenda do presidente Mujica en Galicia. Durante os dous días da que é a súa primeira visita institucional á comunidade galega, o mandatario uruguaio terá a oportunidade de reunirse, nesta mesma xornada de domingo, coa colectividade residente en Galicia. O luns, José Mujica, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, procederán á inauguración da praza de Uruguai, en Santiago de Compostela. Despois trasladaranse ata a Coruña, onde visitarán o porto exterior. A visita oficial do presidente de Uruguai a Galicia finalizará cun encontro coa Confederación de Empresarios de Galicia, que se celebrará en Santiago.

910 lecturas