Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
07Xullo2026Miranda: “Cada participante de Escolas Abertas convértese nun embaixador da cultura galega no mundo” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibe aos participantes no programa Escolas Abertas, que comeza mañá mércores no Centro Superior de Hostalería de Galicia. En total, participarán 50 profesores de entidades galegas do exterior, 41 de América e outras 9 de Europa e resto de España, cunha media de idade de 35 anos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá no aeroporto de Santiago... Máis información
-
06Xullo2026Miranda presenta á colectividade galega de Bos Aires a nova Delegación da Xunta: “A Delegación de Bos Aires será a casa de Galicia en América, pero tamén a porta de América cara a Galicia” audio A nova sede permitirá reforzar a atención á colectividade, impulsar o retorno, atraer talento e potenciar a promoción económica, cultural e turística de Galicia. O novo espazo situarase nunha das principais arterias da capital arxentina, multiplicando a visibilidade institucional de Galicia e ampliando a capacidade de servizo á cidadanía. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado da Xunta en Bos Aires... Máis información
-
05Xullo2026Galicia homenaxea en Vigo ás vítimas do terremoto de Venezuela audio Galicia acompañou hoxe á comunidade venezolana nun emotivo acto de lembranza e homenaxe ás vítimas do recente terremoto en Venezuela. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á misa celebrada en Vigo, na Igrexa Parroquial da Inmaculada Concepción, xunto á vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e á deputada Irene Garrido. Neste momento de profunda dor, a nosa solidariedade está con todas as... Máis información
-
03Xullo2026Rueda agradece a achega dos empresarios do exterior a unha Galicia cada vez máis moderna e competitiva audio O presidente da Xunta participou no acto de entrega dos Títulos de Excelencia Galega 2026, organizado pola Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña Destaca que os seis premiados na gala desta noite representan a Galicia Calidade Pon en valor o galeguismo aberto e integrador, e reivindica que a comunidade non aceptará ningún trato discriminatorio con respecto a outros territorios O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu hoxe a achega... Máis información
-
02Xullo2026Como canalizar axuda a Venezuela? audio A solidariedade é unha das características máis relevantes da cidadanía galega. Tendo en conta a magnitude da catástrofe humanitaria provocada polo terremoto en Venezuela, a Xunta de Galicia, agradece todas as mostras de solidariedade, e realiza, do mesmo xeito que a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e a Cooperación descentralizada das CC.AA as seguintes recomendacións: Canalizar a axuda da cidadanía... Máis información
-
02Xullo2026A delegada da Xunta en Montevideo informa aos participantes do programa "Conecta con Galicia no Camiño" antes da súa experiencia deste verán audio Os mozos e mozas uruguaios participantes no programa “Conecta con Galicia no Camiño” 2026 reuníronse en Montevideo coa delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, para coñecer todos os detalles da experiencia que vivirán este verán. A delegada deu detalladas explicacións sobre as actividades e experiencias que vivirán en Galicia, resolveu dúbidas e fomentou o espírito de grupo entre os participantes. O grupo de mozos e mozas chegarán a... Máis información
-
30Xuño2026Rodríguez Miranda: "O importante é manter a axuda a Venezuela ao longo do tempo" audio O secretario xeral da Emigración afirma que xa están operando as axudas da Xunta para atender os afectados por emerxencias ou catástrofes naturais. Nunha entrevista para o programa Bos días da Televisión de Galicia esta mañá, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recoñece que a situación en Venezuela é dramática e que aínda non sabe "en que situación están" os galegos que continúan desaparecidos. Tras conversar coa... Máis información
-
29Xuño2026Rueda preside o minuto de silencio en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado doutros membros do Executivo galego, preside o minuto de silencio en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela diante do Edificio Administrativo de San Caetano. Tamén tiveron lugar minutos de silencio nas delegacións territoriais do Goberno galego. Máis información
-
28Xuño2026Rueda reúnese cos centros galegos de Venezuela para coñecer de primeira man a situación do país e trasladarlles a solidariedade do pobo galego audio O presidente da Xunta mantivo esta tarde un encontro telemático cos presidentes destas entidades, no que fixo fincapé en que Galicia xa ten activados todos os mecanismos ao seu dispor tras os terremotos rexistrados esta semana e que se ampliarán en función das necesidades. O Goberno galego está en permanente contacto cos centros galegos desde o primeiro momento, e puxo en marcha diferentes actuacións de cooperación. Na reunión apelouse á cautela... Máis información
-
28Xuño2026A Xunta anima á mocidade a implicarse na remuda xeracional das Casas e Centros Galegos para seguir fortalecendo a galeguidade no exterior audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou en Vitoria na celebración do XXXVII Día de Galicia en Euskadi. José González puxo en valor a traxectoria de máis de 40 anos da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, organizadora deste evento anual de referencia para a colectividade e que integra as principais entidades galegas do País Vasco. Subliñou a fortaleza do tecido asociativo desta comunidade con fitos tan relevantes como o... Máis información
Páxinas |









