Emigrantes retornados e retornadas contarán a súa experiencia en Escairón

Listen to this page using ReadSpeaker

Será a historia recente da emigración no Saviñao contada polos seus protagonistas. Un grupo de emigrantes xa retornados e retornadas protagonizarán este venres en Escairón (20:30 horas) un acto divulgativo que leva por título Nós mesmos e se celebrará no Círculo Saviñao.

O acto está formulado como un coloquio no que veciños e veciñas do municipio que pasaron anos traballando fóra contarán a súa experiencia e responderán ás preguntas e aos comentarios que lles poida facer o público. A charla é unha idea de Pepe Losada Carriola, un emigrante oriúndo do Saviñao que vive dende hai anos nas Illas Canarias e que recentemente editou un deuvedé sobre a Ribeira Sacra e outro con imaxes antigas de Escairón.

Fonte: La Voz de Galicia | Foto: La Voz de Galicia

856 lecturas