Malpica celebra un encontro de emigrantes galegos retornados

Listen to this page using ReadSpeaker

O próximo 12 de xuño terá lugar no restaurante Aldeola de Cerqueda de Malpica un encontro comarcal de emigrantes retornados de Suíza. Esta iniciativa é a segunda vez que se produce, xa que o ano pasado se logrou reunir unhas 250 persoas na súa primeira edición.

Debido ao éxito obtido, os organizadores quixeron ampliar este ano o espazo e tamén se abrir a outras zonas. De aí que o chamamento sexa agora a emigrantes que residan en toda Galicia.

Os emigrantes retornados da zona interesados en anotarse e asistir ao encontro teñen de prazo ata o próximo 8 de xuño para apuntarse a través do teléfono do restaurante (981720006). Para calquera tipo de dúbida ou comentario poden chamar os propios promotores nos teléfonos 646 670 678 e 676 131 963.

O menú custa 35 euros por persoa. Inclúe aperitivo con croquetas, empanada, tartaletas de marisco e bebidas. De primeiro, lagostinos á prancha; segundo, solombo ibérico con patacas e ensalada, poste caseiro, bebidas, viño branco e tinto, café, augardente, brandi e chopos. Os nenos ata 4 anos non pagan, e ata 12, teñen un menú especial de 15 euros. Ademais, haberá un dúo para amenizar o baile. A chegada o restaurante está prevista para as 12.30 horas.

 

Foto: Concello de Malpica

1104 lecturas