A música galega na Habana dos anos 30 puso punto e final á programación cultural da Casa de Galicia

Óscar Ibáñez, entre peza e peza, foi explicando ao numeroso público que encheu as instalacións da Casa de Galicia a historia de José Posada, o emigrante galego que creou o Quinteto Monterrey.

Listen to this page using ReadSpeaker

A programación cultural do ano 2009 da Casa de Galicia en Madrid terminou co concerto ofrecido polo grupo «Óscar Ibáñez y su Conjunto» recreando o repertorio do «Quinteto Monterrey», grupo galego na Habana dos anos trinta do pasado século. Para esta recreación Óscar Ibáñez (gaita e dirección musical) contou coa colaboración de músicos galegos de recoñecido prestixio como Miguel Dopazo (clarinete), Eduardo Seoane (trompeta), José Manuel López (saxo alto 1º), Luis Rodríguez (saxo tenor), Andrés Vilán (caixa) e Alberto Costas (bombo-platos), que actuaron vestidos coa indumentaria da época.

O Quinteto de Monterrey foi un conxunto musical galego fundado na Habana por José Posada, emigrante, de profesión reloxeiro e gaiteiro, nacido en A Rasela (Verín-Ourense).

Foi Óscar Ibáñez quen, entre peza e peza, explicou ao numeroso público que encheu as instalaciones da Casa de Galicia a historia de José Posada, o emigrante galego que creou o Quinteto Monterrey, cómo coñeceu a súa obra e contactou co seu fillo, Rodolfo Posada, de 93 anos, que vive na Habana, o que propiciou a recuperación deste legado galego na emigración. Ao menos 54 obras, entre as que figuran muiñeiras ou jotas son as que forman parte deste Quinteto.

En imaxes
1549 lecturas