Tui abre a oficina de atención ás e aos emigrantes retornados

Asesórase na tramitación de autorizacións de residencia, traballo, visados, adquisición de nacionalidade, agrupamento familiar e todo tipo de trámites administrativos así como sobre as posibles prestacións sociais, educativas ou sanitarias.

Listen to this page using ReadSpeaker

Concello de Tui.A Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Tui puxo en marcha o servizo de atención ás persoas inmigrantes e ás emigrantes retornadas ofrecendo xestións de acollida, información, orientación, atención e integración destes colectivos, informándoos da situación xurídica e trámites administrativos a realizar dada a condición de inmigrante e emigrante retornado ou retornada. Neste sentido, segundo recolle o diario Atlántico, asesórase na tramitación de autorizacións de residencia, traballo, visados, adquisición de nacionalidade, agrupamento familiar e todo tipo de trámites administrativos así como sobre as posibles prestacións sociais, educativas ou sanitarias, e os programas formativos e de orientación e inserción laboral aos que teñan dereito. A Oficina atópase no propio Concello con atención ao público de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, a través de cita previa no teléfono  986 60 36 25  extensión 54 ou nas dependencias de Servizos Sociais.

937 lecturas