Emigración recuperou en 2021 os obradoiros presenciais de cultura galega en 36 entidades do exterior, nos que participaron case 1.000 alumnas e alumnos

O departamento autonómico destinou 150.000 euros a poñer en marcha talleres de formación en folclore, cociña e artesanía entre os galegos e galegas do exterior.

Imaxe do obradoiro de cociña celebrado no Centro Galego de Tenerife
Imaxe do obradoiro de cociña celebrado no Centro Galego de Tenerife
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración recuperou en 2021 as actividades formativas para os galegos e galegas do exterior en colaboración con 36 centros, tanto de Europa como de América, impulsando a realización de obradoiros de promoción e apoio á cultura galega en diversas entidades.

Esta iniciativa permitiu desenvolver talleres de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega, e que se puideron desenvolver, por primeira vez, en dúas modalidades: on line e presencial, que permitiron formar a case 1.000 persoas.

En total, realizáronse 27 obradoiros de folclore, un de encaixe de palillos, cinco de cociña galega e tres seminarios de cultura. Para este fin destináronse un total de 150.000 euros.  

A modalidade presencial destes obradoiros desenvolveuse nas instalacións dos centros con tódalas medidas de seguridade sanitaria, creándose, a maiores, por primeira vez, a modalidade telemática a través da  aula virtual, unha plataforma onde a persoa formadora e o alumnado interactúan, de xeito concorrente e en tempo real, a través dun sistema de comunicación telemática. En ambos casos, os cursos foron impartidos por profesionais con recoñecida experiencia nas distintas modalidades. 

412 lecturas