Emigración organiza 36 obradoiros de música e cultura galega para as entidades do exterior

Os centros poderán así reanudar estas actividades, en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, que se van desenvolver presencialmente en España e Europa e telematicamente en América.

O programa, que conta cun orzamento de 150.000 euros, sufraga os gastos de realización na súa totalidade para apoiar aos centros tralas complicacións económicas provocadas pola pandemia.

Os obradoiros vanse desenvolver presencialmente en España e Europa e de xeito telemático en América
Os obradoiros vanse desenvolver presencialmente en España e Europa e de xeito telemático en América
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración acaba de publicar a adxudicación dos 36 obradoiros que se realizarán en colaboración coas  entidades galegas do exterior para dar formación aos seus socios e socias en folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega nas entidades galegas do exterior.

As e os interesados pode consultar esta información a través desta ligazón.

O departamento autonómico que dirixe Antonio Rodríguez Miranda volveu organizar estes obradoiros presenciais para as entidades galegas do exterior en España e Europa, e que en América se desenvolverán só de xeito telemático.

Esta iniciativa ten como obxectivo a realización de obradoiros de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto, artesanal (encaixe de palillos e confección de traxes tradicionais), cociña galega e seminarios de cultura galega (tradición e modernidade). As entidades puideron solicitar ata 3 cursos e propor un profesor ou profesora para que o imparta, sempre que estiveran incluídos nos listados de persoas formadoras na modalidade solicitada.

En total a Secretaría Xeral destina 150.000 euros para a posta en marcha de estas iniciativas, sendo así sufragada a súa realización na súa práctica totalidade pola administración autonómica, de cara a apoiar aos centros tralas complicacións económicas xurdidas nas entidades pola pandemia.

A modalidade presencial destes obradoiros desenvolverase nas instalacións dos centros con tódalas medidas de seguridade sanitaria, creándose, a maiores, por primeira vez, a modalidade telemática a través da aula virtual, unha plataforma onde a persoa formadora e o alumnado interactúan, de xeito concorrente e en tempo real, a través dun sistema de comunicación telemática. En ambos casos os cursos serán impartidos por profesionais con recoñecida experiencia nas distintas modalidades. 

1106 lecturas