Emigración convoca os obradoiros para entidades galegas do exterior con opción presencial e telemática

O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para a posta en marcha de talleres de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega.

O programa, que conta cun orzamento de 150.000 euros, sufragará os gastos de contratación do profesorado e materiais de formación.

O prazo de solicitude de iniciativas remata o próximo 1 de xullo.

O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 1 de xullo
O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 1 de xullo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2022.

O Diario Oficial de Galicia fixo pública hoxe a convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da Emigración para a posta en marcha de obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega nas entidades galegas do exterior que novamente poderán ser presenciais ou telemáticas. 

Deste xeito, o departamento autonómico que dirixe Antonio Rodríguez Miranda volve ofrecer axudas para a posta en marcha de obradoiros nas entidades galegas do exterior, cun orzamento global de 150.000 euros para a posta en marcha destas iniciativas, sufragando así a administración, a contratación, desprazamento e aloxamento do profesorado, así como a compra dos materiais de formación. As entidades encargaranse, pola súa banda, das instalacións onde se impartan os cursos. 

Mantense así, como o ano pasado, a modalidade presencial destes obradoiros e a modalidade telemática a través da aula virtual, unha plataforma onde a persoa formadora e o alumnado interactúan, de xeito concorrente e en tempo real, a través dun sistema de comunicación telemática. En ambos casos, os cursos serán impartidos por profesionais con recoñecida experiencia nas distintas modalidades. 

As entidades poderán solicitar por orde de preferencia a organización de ata 3 cursos, e propor un profesor ou profesora para que o imparta, sempre que estea incluído ou incluída nas listaxes de persoas formadoras na modalidade solicitada.

Os centros e asociacións interesadas teñen de prazo ata o próximo 1 de xullo para solicitar estas axudas. Para a realización de obradoiros de cociña ou de seminarios de cultura galega, as entidades deben contar con instalacións e equipamentos axeitados, e ter entre os seus obxectivos a promoción e difusión dos costumes e a cultura de Galicia. 

Máis información nesta ligazón.

713 lecturas