Subvencións correspondentes aos programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2022

Listen to this page using ReadSpeaker
1110 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 30 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2022.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
07.02.2022
Estado: 
Procedemento pechado

Programas de axudas e subvencións:

  • Programa 1. Axudas para de gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior.
  • Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude.
  • Programa 3. Accións de especial relevancia e/ou de promoción do Ano Santo Xacobeo.

Entidades destinatarias:
As entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, de 13 de xuño, da galeguidade. 

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES*:  picar aquí para acceder á Sede Electrónica

*Nota: Tan só se poderá presentar un único formulario (Anexo I) con independencia dos programas para os que pida subvención.

Outra documentación para consultar:

Prazo de presentación de solicitudes: desde o  08-02-2022 ata o 07-03-2022

Lugar de presentación das solicitudes:

A) Entidades con sede social en España
As entidades con sede social en España presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como ANEXO I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

B) Entidades con sede social no estranxeiro
Excepcionalmente, as entidades domiciliadas fóra do territorio español poderán presentar as solicitudes por calquera dos seguintes procedementos:

  1. En soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, descargando o ANEXO ASOCIADO que consta na ficha de presentación ou o enviado por correo electrónico.

    Neste caso a presentación farase por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común  das Administracións Públicas.

    No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

    Enderezo ó que deben enviarse: Secretaría Xeral da Emigración, Praza de Mazarelos, 15 - 15703 Santiago de Compostela.

    Tamén poden presentarse nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante.
  2. Por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como ANEXO I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, cos mesmos requisitos esixidos no apartado A) para as entidades con sede social en España.

As solicitudes ou a documentación que se presente por Fax ou por Correo Electrónico non terán validez a efectos de constancia de presentación nin de cumprimento de prazos.

Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración. Servizo de Promoción das Entidades Galegas
Teléfonos: 981 545 833 - 981 957 160        
Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.gal

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
07.03.2022