Emigración publica a relación de persoas propostas do programa Escolas Abertas que se desenvolverá en Santiago de Compostela o próximo mes de xullo

Este programa ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega e confección de traxes tradicionais.

En total, participarán membros de 56 entidades galegas do exterior, 44 de América e outras 12 de Europa e España.

O programa desenvolverase do 6 ao 16 de xullo en Santiago de Compostela
O programa desenvolverase do 6 ao 16 de xullo en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración publicou hoxe a relación de persoas propostas para participar no programa de Escolas Abertas na súa edición do 2023.

Esta actividade, que é unha das máis demandadas, volve a desenvolverse tras tres anos de suspensión a causa da pandemia. Estas xornadas celebraranse do 6 ao 16 de xullo no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, en Santiago de Compostela. 

En total, participarán membros de 56 entidades galegas do exterior, 44 de América e outras 12 de Europa e España. 

Este programa, dirixido ás entidades galegas do exterior, permitirá dar formación especializada ás persoas, de entre 18 e 65 anos, responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega e de confección de traxes tradicionais galegos. Como novidade, este ano desenvolverase tamén formación en cociña galega.

A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo da organización destes curso e do custo da estadía, así como das viaxes de ida e volta das persoas participantes. 

As e os interesados poden ter máis información nesta ligazón.

577 lecturas