Relación de persoas propostas para participar no programa Escolas Abertas 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
1217 lecturas
Listados para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación da relación de persoas propostas para participar no programa de Escolas Abertas 2023 (Resolución do 28 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº 66, do 04-04-2023)

De acordo co disposto no artigo 14 da convocatoria publícase a relación de persoas propostas para participar no programa de Escolas Abertas 2023 por modalidades.

  • Debido á proximidade das datas de realización do programa, só se autorizarán cambios nas datas de retorno das persoas seleccionadas ata como moi tarde, o próximo xoves día 8 de xuño.

NOTA ACLARATORIA SOBRE AS DATAS DE RETORNO:

  • Retorno 1: solicitantes que desexan regresar ao rematar a actividade.
  • Retorno 2: Solicitantes que desexan quedar aproximadamente 15 días coa súa familia en Galicia, despois de rematar a actividade.
  • Retorno 3: solicitantes que desexan quedar aproximadamente un mes coa súa familia en Galicia, despois de rematar a actividade.

As peticións de cambios de retorno deberán presentarse a través do correo electrónico no enderezo electrónico: subdireccionxeral.emigracion@xunta.gal.

Escolas Abertas 2023 - Persoas propostas
Modalidade Listado
Baile tradicional galego Descargar
Canto popular e pandeireta Descargar
Gaita tradicional galega Descargar
Percusión tradicional galega Descargar
Confección de traxe tradicional galego Descargar
Cociña galega Descargar

 

NOTA 1: En aplicación do artigo 4.2 da Resolución do 28 de marzo de 2023 (DOG nº 66 do 4 de abril de 2023), acórdase non realizar o Obradoiro de formación de persoal directivo por non alcanzarse o número mínimo de 8 solicitudes.

NOTA 2: os cursos desenvolveranse no Centro Superior de Hostalería de Galicia- Santiago de Compostela, dos días 6 a 16 de xullo.

Programa de actividades: Descargar

Regulamento de réxime interno: Descargar

Data de publicación: 
05.06.2023