Emigración lembra que o próximo día 4 pecha a convocatoria do programa Escolas Abertas que se desenvolverá en Santiago de Compostela o próximo mes de xullo

Este programa ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais, cociña e formación de persoal directivo.

O prazo de solicitude das Escolas Abertas remata o vindeiro xoves, 4 de maio
O prazo de solicitude das Escolas Abertas remata o vindeiro xoves, 4 de maio
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración lembra que o próximo 4 de maio pecha o prazo para participar na convocatoria do novo programa de Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración que se volve a desenvolver este ano tras tres anos de suspensión. Estas xornadas celebraranse do 6 ao 16 de xullo no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, en Santiago de Compostela. 

Este programa, dirixido ás entidades galegas do exterior, permitirá dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, de confección de traxes tradicionais galegos e de formación de persoal directivo. Como novidade, este ano desenvolverase tamén formación en cociña galega. 

A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo da organización destes cursos e do custo da estadía, así coma das viaxes de ida e volta das persoas participantes.

Máis información nesta ligazón.

388 lecturas