As e os participantes no programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración inician a súa formación no Centro Superior de Hostalería de Galicia

Esta mañá tivo lugar a inauguración deste programa que ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais e cociña nos centros galegos do exterior.

Durante unha semana, as e os participantes recibirán tamén a visita de recoñecidas e recoñecidos músicos e cociñeiros, iniciando esta tarde a primeira master class o músico Abraham Cupeiro.

  • Imaxe da xornada inaugural das Escolas Abertas 2023
    Imaxe da xornada inaugural das Escolas Abertas 2023
  • Imaxe da xornada inaugural das Escolas Abertas 2023
    Imaxe da xornada inaugural das Escolas Abertas 2023
  • Imaxe da xornada inaugural das Escolas Abertas 2023
    Imaxe da xornada inaugural das Escolas Abertas 2023
  • Imaxe da xornada inaugural das Escolas Abertas 2023
    Imaxe da xornada inaugural das Escolas Abertas 2023
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2023.

O medio cento de galegos e galegas do exterior que participa no programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración iniciaron hoxe a súa formación en baile tradicional galego, canto popular e pandeireta, gaita tradicional galega, percusión tradicional galega, confección de traxe tradicional galego e cociña no Centro Superior de Hostalería de Galicia. 

A subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, inaugurou estes obradoiros que se prolongarán ata o próximo sábado día 15 e que se volveron recuperar en 2023 tras tres anos de suspensión por mor da pandemia.   

As e os máis de 50 participantes nesta iniciativa son membros das entidades galegas de dez países de Europa e América e, deste xeito, recibirán formación especializada para impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, de confección de traxes tradicionais galegos e de cociña galega.

Trátase de cursos presenciais que pretenden garantir a participación da cidadanía galega no exterior, tanto na vida social como na vida cultural de Galicia, de cara a dinamizar as comunidades galegas de Europa e América. 

Durante unha semana, as e os participantes recibirán tamén a visita de recoñecidas e recoñecidos músicos e de cociñeiros de prestixio galegos, iniciando hoxe estas master class co músico Abraham Cupeiro, musicólogo, compositor e intérprete galego que interpreta diferentes obras con instrumentos de vento da Idade do Ferro. 

450 lecturas