Miranda recibe ás e aos participantes no programa Escolas Abertas que comeza mañá xoves no Centro Superior de Hostalería de Galicia

Este programa ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais e cociña galega.

Durante unha semana, as e os participantes, membros de entidades galegas de Europa e América, recibirán tamén a visita de recoñecidas e recoñecidos músicos e cociñeiros.

  • Imaxe da chegada ao aeroporto de Santiago de Compostela das e dos participantes nas Escolas Abertas 2023
    Imaxe da chegada ao aeroporto de Santiago de Compostela das e dos participantes nas Escolas Abertas 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá no aeroporto de Santiago de Compostela-Rosalía de Castro ás e aos participantes do programa Escolas Abertas  que se volve desenvolver tras tres anos de suspensión por mor da pandemia. 

As e os máis de 50 participantes nesta iniciativa son membros das entidades galegas de dez países de Europa e América. Estas xornadas celebraranse do 6 ao 15 de xullo no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, en Santiago de Compostela. 

Este programa, que leva desenvolvéndose varias décadas, está dirixido ás entidades galegas do exterior e permite dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, de confección de traxes tradicionais galegos e de cociña galega.

Trátase de cursos presenciais que pretenden garantir a participación da cidadanía galega no exterior tanto na vida social como na vida cultural de Galicia, de cara a dinamizar as comunidades galegas de Europa e América. Durante unha semana, as e os participantes recibirán tamén a visita de recoñecidas e recoñecidos músicos e de cociñeiros de prestixio galegos.

437 lecturas