Emigración publica a listaxe definitiva das e dos admitidos a unha das bolsas BEME para realizar un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 23/24

O prazo para enviar o xustificante da matrícula a través da plataforma de bolsas finaliza o próximo 8 de agosto.

O prazo para enviar o xustificante da matrícula a través da plataforma de bolsas finaliza o próximo 8 de agosto
O prazo para enviar o xustificante da matrícula a través da plataforma de bolsas finaliza o próximo 8 de agosto
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe a listaxe definitiva dos 250 mozos e mozas do exterior candidatos ás Bolsas Excelencia Xuventude Exterior-BEME 2023/24, o programa da Secretaría Xeral da Emigración que suma así a súa sétima edición, na procura de fomentar o retorno da xuventude galega no exterior.

Para poder chegar a ser beneficiarias e beneficiarios da bolsa as e os candidatos deben estar matriculados nun máster universitario dos ofertados na convocatoria desta axudas. O prazo para enviar o xustificante da matrícula a través da plataforma de bolsas finaliza o próximo 8 de agosto. As persoas que figuran na listaxe defintiiva como suplentes poderán chegar a ser adxudicatarias da bolsa no caso de que houbese vacantes na lista de admitidos/as.  

As e os interesados poden consultar a información nesta ligazón.

280 lecturas