Emigración publica hoxe a listaxe de puntuación provisional das e dos admitidos e suplentes das Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME)

As e os interesados poden comprobar os datos a través da web da Secretaría Xeral da Emigración.

Foto do acto celebrado onte de entrega de diplomas ás e aos beneficiarios do curso 2020/21
Foto do acto celebrado onte de entrega de diplomas ás e aos beneficiarios do curso 2020/21
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe, mércores 23 de xuño, a listaxe coa puntuación provisional de admitidas e admitidos e suplentes, así como a listaxe  de persoas excluídas das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME).  

Deste xeito, os candidatos e candidatas disporán de prazo ata o 30 deste mes para presentar as alegacións que consideren oportunas.  

Máis de 600 universitarias e universitarios galegos do exterior iniciaron a solicitude desta axuda, que conta con 200 prazas, para o estudo dun mestrado nunha das tres universidades galegas o próximo curso.

Esta é a quinta edición das bolsas BEME, que conta cun orzamento que ascende en 2021 ata os 1,72 millóns de euros impulsando a captación de universitarios galegos e galegas e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, que poderán cursar estudos de mestrado nalgunha das tres universidades galegas.

As e os interesados poden comprobar os datos a través do seguinte enlace.

1203 lecturas