Emigración publica a listaxe dos 200 mozos e mozas do exterior que cursarán un máster o próximo curso nas tres universidades galegas cunha bolsa BEME

Arxentina, Venezuela, Uruguai, Brasil e Reino Unido son os países cun maior número de beneficiarias e beneficiarios, dos que 81 cursarán os seus estudos na USC, 77 na Universidade de Vigo e 42 na UDC.

Imaxe do acto de entrega de diplomas ás e aos beneficiarios da promoción 2020-2021
Imaxe do acto de entrega de diplomas ás e aos beneficiarios da promoción 2020-2021
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe a listaxe dos 200 mozos e mozas do exterior que cursarán os seus mestrados nalgunha das tres universidades galegas grazas á nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior-BEME, o programa da Secretaría Xeral da Emigración, que suma así a súa quinta edición, na procura de fomentar o retorno da xuventude galega no exterior.

Entre os datos que se desprenden das e dos 200 beneficiarios atópanse que os países cun maior número de beneficiarias e beneficiarios proceden de Arxentina, Venezuela, Uruguai, Brasil e Reino Unido, dos que 81 cursarán os seus estudos na USC, 77 na Universidade de Vigo e 42 na UDC.

Cabe destacar tamén a idade media das e dos beneficiarios das BEME, que este ano volve, como na edición anterior, a situarse nos 29 anos.  

1092 lecturas