Emigración pon en marcha un programa de información para retornadas e retornados con vídeos sobre os principais trámites a realizar ao chegar a Galicia

A Secretaría Xeral da Emigración publicará cada xoves no Portal Retorna da súa web (https://emigracion.xunta.gal) un novo vídeo informativo.

Temas como a tramitación do DNI, do carné de conducir, a solicitude de alta na seguridade social ou o empadroamento, poderanse consultar a través destes vídeos informativos.

A primeira pílula informativa versará sobre como obter o carné de conducir.

Os vídeos comenzarán a publicarse a partir de mañá, 9 de setembro
Os vídeos comenzarán a publicarse a partir de mañá, 9 de setembro
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración pon en marcha, dende mañá, un programa de información para persoas retornadas con vídeos nos que se explica ás galegas e galegos retornados os pasos a seguir para a realización dos principais trámites que se deben poñer en marcha ao chegar a Galicia.

Deste xeito, cada xoves, subirase á páxina web de GaliciaAberta - https://emigracion.xunta.gal un novo vídeo no que se explicarán temas como a tramitación do DNI, a renovación ou validación do carné de conducir, a solicitude de alta na Seguridade Social ou os pasos a seguir para levar a cabo o empadroamento nunha vila. Todos estes vídeos quedarán a disposición das e dos interesados no Portal Retorna desta páxina.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou a importancia que ten a información e asesoramento ás e aos retornados nas primeiras semanas de volta a Galicia, “porque son moitos os trámites a realizar e moitos dos nosos galegos do exterior son descendentes, polo que descoñecen os principais pasos a dar na consecución de cousas tan sinxelas como a tarxeta sanitaria”. Neste senso recordou que, con este motivo, tamén se puxeron en marcha as cinco oficinas de asesoramento e seguimento ao retorno que existen en Galicia e nas que os galegos e galegas que volven poden atopar toda a información que necesiten. Estas oficinas están financiadas, ademais, polo Fondo Social Europeo.

1677 lecturas