Emigración participa na inauguración dun mural do Camiño de Santiago no transcurso das celebracións do Centro Galego de Villalba
O subdirector xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, Antonio Casas, asistiu aos actos do “XXI Gran Festa do Magosto” do Centro Galego Noroeste de Madrid (Villalba), durante o que se inaugurou un graffiti realizado sobre un dos muros da entidade dedicado ao Camiño de Santiago, co obxectivo de difundir e promocionar o Ano Santo.
O Centro Galego Noroeste de Madrid levou a cabo así unha xornada lúdico-festivo, na que tamén estivo presente a alcaldesa de Villalba, Mariola Vargas, e diversos concelleiros e concelleiras, e que tivo o magosto como elemento central da actividade que permite aos galegos e galegas de Madrid manter as tradicións da terra á vez que o contacto entre toda a colectividade deste municipio madrileño.
Novas relacionadas