Miranda asiste á celebración dos galegos e galegas residentes en Madrid e gaba “a importante e permanente achega” que realizan para a boa imaxe de Galicia en toda España
Arredor de medio millar de persoas participan na XI Romaría Galega que coordina a Federación de Asociacións Galegas en Madrid.
- Arredor de medio millar de persoas participan na XI Romaría Galega que coordina a Federación de Asociacións Galegas en Madrid

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, preside hoxe a undécima edición da Romaría Galega, celebración conxunta da colectividade galega residente en Madrid e provincia, e que agrupa cada ano ao redor de medio millar de persoas, case todas e todos paisanos ou descendentes, pero tamén veciñas e veciños das localidades onde teñen sede as distintas comunidades galegas.
Rodríguez Miranda destaca “a capacidade de unión de esforzos que os galegos e galegas de Madrid sempre demostraron e demostran, e a súa importante e permanente achega para primeiro asentar e despois reforzar a excelente imaxe que de Galicia se ten en toda España”. O secretario xeral afirma ademais que “o esforzo realizado polos nosos paisanos en Madrid está obtendo o máis fermoso resultado, a garantía de continuidade da paixón por Galicia e todo o galego nas segundas xeracións xa nadas na diáspora”.
A Romaría Galega é un evento coordinado pola Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA) e que se celebra, de maneira rotatoria, nalgunha das localidades nas que se asentan as comunidades galegas. Nesta ocasión, recaeu o papel de anfitrioa na Casa Gallega de Fuenlabrada. Canda ela, están ademais recoñecidas no Rexistro da Galeguidade como entidades galegas, na Comunidade de Madrid, a Casa de Galicia de Alcorcón, a Banda de Música e Investigación ‘Albedro’ de Madrid, o Centro Cultural Galego Lembranzas de San Sebastián de los Reyes, o Club de Periodistas Galegos en Madrid, o Centro Galego de Tres Cantos, a propia FAGAMA, a Asociación Galega Corredor do Henares de Alcalá de Henares, o Centro Galego da Sierra de Madrid, o Centro Galego do Noroeste de Madrid de Collado Villalba, o Centro Galego de Móstoles, a Asociación Cultural ‘Vieira’ da capital, a Agrupación Artística Rosalía de Castro de Madrid, e Xuntanza de Galegos de Alcobendas.
Cómpre salientar que, no caso desta última entidade, é a primeira actividade na que participa con categoría de ‘comunidade galega’, outorgada en decisión do Consello da Xunta do pasado 24 de maio. Precisamente o seu presidente, Ovidio Cadenas, é tamén máximo responsable de FAGAMA.
Ademais de Rodríguez Miranda, participan na Romaría autoridades locais, e boa parte das presidentas e presidentes das asociacións galegas citadas. Os actos inclúen actuacións musicais e actividades sociais e culturais, actos relixiosos, e un xantar de confraternidade.
Galegas e galegos en Madrid
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2017, residen en Madrid e a súa provincia un total de 77.989 galegas e galegos, configurándose así como a Comunidade Autónoma con máis paisanas e paisanos residentes fóra. Esta cifra, ademais, non reflicte as segundas xeracións, nadas xa na diáspora, que manteñen, renovan e perpetúan o sentimento de pertenza á Galeguidade universal.
Novas relacionadas